21/11/13

Santa Cecilia a patroa da música


Este 22 de novembro é a festividade de Santa Cecilia de Roma, patroa e protectora dos músicos.
Cecilia de Roma, coñecida como santa Cecilia, foi unha nobre romana, convertida ao cristianismo, que foi martirizada pola súa fe entre o ano 180 e 230.
A Igrexa Catolica e a Ortodoxa conmemoran a súa morte o 22 de novembro.
En honor a ela, un importante movemento de renovación da música sacra católica de finais do século XIX recibiu o nome de cecilianismo.


É un pouco incerto o motivo polo que Cecilia rematou sendo a patroa da música. A música sempre tivo un papel contraditorio na interpretación da lenda de Cecilia. Como Cecilia rexeitou os instrumentos para cantar ao seu Señor, pódese entender que para ela a música era algo que había que rexeitar para abrazar a virtude (En cambio dende fins do século XVI, Cecilia empezouse a pintar sen halo, móstrase cada vez máis como unha artista, menos frecuentemente sentada ao órgano, e case sempre executando instrumentos mundanos.
Este cambio de normas significaría que a práctica musical en si mesma se estaba a converter na quintaesencia da virtude, e tiña como meta o virtuosismo. Algunhas pinturas, como as de Artemisia Gentileschi e Bernardo Strozzi, mostran a conexión entre a execución virtuosa, a imaxe cada vez máis forte do artista, e unha cultura que no curso do século XVI se volve cada vez máis extravertida.
Actualmente é universal o status icónico de Santa Cecilia como patroa da música, aínda que ao principio se lle relacionaba soamente con Roma, onde a súa antiquísima basílica foi construída no século V.
Cando se fundou en Roma a Academia da Música en 1584 foi nomeada patroa do instituto, despois do cal a súa veneración como patroa da música da igrexa se xeneralizou universalmente; hoxe existen por todas as partes as sociedades de cecilianos (asociacións musicais).

No hay comentarios:

Publicar un comentario